Hoxe, tivemos un concerto didáctico, cun trío de corda chamado "OS TEUS OLLOS". Son tres músicos de nacionalidade rusa, que levan moitos anos en Galiza.Explicáronnos os instrumentos de corda: violín, violonchelo e mailo, contrabaixo.
Hoxe,participamos nun concerto moooi interesante !! O trío formado por... Vera Pavlova (piano), José M. Canosa Carballo (contrabaixo) e, Estíbaliz Espinosa (voz) ... foron explicándonos a importancia DA VOZ humana, como potenciala... a función do PIANO... os usos do CONTRABAIXO... Un recorrido polos ritmos ... linguas ... e países...
Rosa de Abril-Cantiga galega-Letra de Rosalía de Castro e música de Andrés Gaos.
Hoxe, a profe de inglés Celsa, deixou na nosa clase unha bolsa de feijoas, a súa nai ten unha árbore na casa. Ningún de nós coñecía esta froita e Mercedes preguntounos se queríamos descubrir que sabor tiña... e dixemos sííííí !!! Pelouna cun coitelo, a pela é áspera e desagradable. Partiuna en anacos pequeniños, así xa non asusta . Cunha bandexa folio, fomos collendo un anaquiño e saboreando... é diferente !!! Acabouse !! Pelamos outra ?? Síííí !!! E repetimos con outra feijoa... feixoa en galego ??
É unha froita tropical, diferente,con regusto a pera . Rica en YODINA, PROTEÍNA e vitaminas A, E, e C.
Tiñamos estes graciosos animaliños , repartímolos, un cada un. Recortámolos coidadosamente para pegalos nunha lámina nova. Logo, fomos creando un entorno no que se sentiran moi ledos.
Trazamos paralelas a pulso, primeiro na horizontal, logo na vertical. Nin moi xuntas, nin moi abertas. Non se pode BORRAR. Feita a cuadrícula, deseñamos un debuxo libre. Non se poden engadir LIÑAS NOVAS.
O OUTONO chegou ao noso colexio, á nosa aula. O castiñeiro sorrí, tamén o castiñeiro das indias e maila nogueira. E, con tanto sorrír, han perder os seus froitos : as castañas e mailas noces. CASTIÑEIRO.............................................. NOGUEIRA ........................................... CASTIÑEIRO DAS INDIAS Tamén chegou o esqueleto, cos ósos un pouco mallados, algúns colgando e moitos, fóra do seu lugar... Ten cara de anoxo pero a nós, fainos rir e, podemos buscarlle as cóxegas !
Xa desapareceron os vermes, da aula de 1º curso. Só quedan unha chea de casulos e, comezan a saír as bolboretas... Unha xa anda a poñer moitos ovos polas paredes da caixa.Non comen, só aparéanse antes de poñer os ovos e morrer.
A PRESENTACIÓN,É RESULTADO DO TRABALLO DE CURSOS ANTERIORES,POR FALTA DE MATERIAL DOS DERRADEIROS DÍAS.