Hoxe, a profe de inglés Celsa, deixou na nosa clase unha bolsa de feijoas, a súa nai ten unha árbore na casa.
Ningún de nós coñecía esta froita e Mercedes preguntounos se queríamos descubrir que sabor tiña... e dixemos sííííí !!!
Pelouna cun coitelo, a pela é áspera e desagradable.
Partiuna en anacos pequeniños, así xa non asusta .
Cunha bandexa folio, fomos collendo un anaquiño e saboreando... é diferente !!! Acabouse !!
Pelamos outra ?? Síííí !!!
E repetimos con outra feijoa... feixoa en galego ??
É unha froita tropical, diferente,con regusto a pera . Rica en YODINA, PROTEÍNA e vitaminas A, E, e C.
Portadas trabajo mates
Hace 6 años