escolar .....BLOG DE AULA

martes, 31 de mayo de 2011

AGUACATE ...

Pouco nos queda para rematar este curso, e as sementes do "aguacate" van estando "listas" para ser transplantadas á terra.
Unha mitade, xa ten talo e follas.
A outra mitade , aínda está botando o talo.
A semente que só abríu pola metada, sen chegar a rachar , ten unha longa raíz pero non botou o talo.

lunes, 30 de mayo de 2011

CHÁMOME LAURA E HOXE CUMPRO 8 ANOS

VOUNO CELEBRAR,ESTA TARDE ÁS 5, NO PABELLÓN DE OZA DOS RÍOS, COS MEUS AMIGOS DO COLEXIO.
O que máis me gusta é xogar á corda,ás escondidas e ir á biblioteca.
Teño que prestar máis atención,estudar o que me toca e rematar sempre, as tarefas que van para a casa.

martes, 24 de mayo de 2011

AS EIRUGAS DA MACAÓN...!!!


Onte, chegou Andrea decindo que vira unha eiruga verde con pintas laranxa e negro, que andaba polos fiúnchos(anís) na súa parada do bus. Nós, dixemos que nunca víramos tal, na clase temos as da seda que son brancas ou grises con raias escuras...
Hoxe, á primeira hora da mañá, Andrea tiña na man unha botella e dentro, un ramallo de fiúncho e UNHA PRECIOSA EIRUGA !!!











Abraiados, mirándoa mentras ela roia o fiúncho... Botámoslle follas de moreira que paseou pero, NON COMEU!! Nin as outras herbas que lle botamos máis tarde.
Fomos a Internet buscando axuda e alí descubrimos que cando complete a metamorfose
vai ser unha fermosa bolboreta chamada Macaón( papilio machaón).Temén que comen moi ben o fiúncho.

sábado, 21 de mayo de 2011

viernes, 13 de mayo de 2011

AS IGUANAS

Estes réptiles, tan curiosos, pódense ver no parque de Cabárcenos nunha ventá escaparate, con luces de cores que, obrigan a eses cambios de cor polo que son tan coñecidos.

sábado, 7 de mayo de 2011

AS EIRUGAS DA SEDA ...

Haberá dúas ou tres semanas, non pasaban do centímetro de lonxitude, e xa van chegando aos catro centímetros.



Este ano hai unha maior cantidade de brancos pero, os listados son máis vistosos.

lunes, 2 de mayo de 2011

A SEMENTE DO AGUACATE



No outono,fixemos unha plantación de sementes varias que resultou un fracaso ... A de aguacate, apareceu unha mañá, aberta en dous...Puxémola por separado e, chegada a primavera, as dúas están a brotar e, vémola moi BEN !