escolar .....BLOG DE AULA

jueves, 25 de noviembre de 2010

CONCERTO DIDÁCTICO ... NO C.E.I.P. DE OZA DOS RÍOS

Hoxe,participamos nun concerto moooi interesante !!
O trío formado por... Vera Pavlova (piano), José M. Canosa Carballo (contrabaixo) e, Estíbaliz Espinosa (voz) ... foron explicándonos a importancia DA VOZ humana, como potenciala... a función do PIANO... os usos do CONTRABAIXO...
Un recorrido polos ritmos ... linguas ... e países...

Rosa de Abril-Cantiga galega-Letra de Rosalía de Castro e música de Andrés Gaos.




A VIDA DO RÍO MANDEO ... CICLO DA AUGA !!



martes, 23 de noviembre de 2010

HOXE TOMAMOS UN ANAQUIÑO DE FEIJOA !!!

Hoxe, a profe de inglés Celsa, deixou na nosa clase unha bolsa de feijoas, a súa nai ten unha árbore na casa.
Ningún de nós coñecía esta froita e Mercedes preguntounos se queríamos descubrir que sabor tiña... e dixemos sííííí !!!
Pelouna cun coitelo, a pela é áspera e desagradable.
Partiuna en anacos pequeniños, así xa non asusta .
Cunha bandexa folio, fomos collendo un anaquiño e saboreando... é diferente !!! Acabouse !!
Pelamos outra ?? Síííí !!!
E repetimos con outra feijoa... feixoa en galego ??

É unha froita tropical, diferente,con regusto a pera . Rica en YODINA, PROTEÍNA e vitaminas A, E, e C.

sábado, 20 de noviembre de 2010

miércoles, 17 de noviembre de 2010

ANIMAIS RECICLADOS ...

Tiñamos estes graciosos animaliños , repartímolos, un cada un.
Recortámolos coidadosamente para pegalos nunha lámina nova.
Logo, fomos creando un entorno no que se sentiran moi ledos.


jueves, 11 de noviembre de 2010

PARALELAS A PULSO...

Trazamos paralelas a pulso, primeiro na horizontal, logo na vertical.
Nin moi xuntas, nin moi abertas. Non se pode BORRAR.
Feita a cuadrícula, deseñamos un debuxo libre. Non se poden engadir LIÑAS NOVAS.