escolar .....BLOG DE AULA

miércoles, 21 de diciembre de 2011

sábado, 26 de noviembre de 2011

jueves, 15 de septiembre de 2011

lunes, 12 de septiembre de 2011

BENVIDOS AO NOVO CURSO 2011- 2012 !!!!!



Hola !!!!!!!!

Benvidos ao 3º curso de Primaria !!!!!!!!

Son Lourdes ....lembrádevos de min..?????

Espero que seades puntuais .... PARA TRABALLAR ...

MOITO !!!!!!

miércoles, 22 de junio de 2011

E CHEGA O FIN DE CURSO ...


Xa rematou este curso...

Boas vacacións a tódolos rapaces e rapazas..... pais e nais ...... mestres e mestras ...


A PRIMEIRA ACTIVIDADE DO VERÁN É ... PASALO MOI BEN !!!
A SEGUNDA ACTIVIDADE , VOLVER EN SETEMBRO !!
POLO MEDIO, LER MOITO E NON ESQUECER O APRENDIDO !!

martes, 21 de junio de 2011

O CONTO DE XAN E PERILLÁN ...


Hoxe escoitamos a curta e moi "interesante" historia de Xan e Perillán... ao fin, sempre estarán os amigos de verdade para botar unha man, se o precisamos...

lunes, 20 de junio de 2011

jueves, 16 de junio de 2011

martes, 14 de junio de 2011

lunes, 13 de junio de 2011

AS BOLBORETAS



sábado, 11 de junio de 2011

viernes, 10 de junio de 2011

jueves, 9 de junio de 2011

SON DESSIRÉ E HOXE CUMPRO 8 ANOS !!!

Este sábado ás 5 da tarde, vouno celebrar na miña casa, cos meus amigos do cole.
O que máis me gusta é xogar ao reloxio, xogar cos meus amigos, debuxar e colorear.
Teño que mellorar a miña letra e comer máis .

miércoles, 8 de junio de 2011

martes, 7 de junio de 2011

ESCORNABOIS ... VACALOURA ...

Onte luns, Sara viña cunha caixa de calzado, moi misteriosa. O resto dos cativos á espera de ... ???
Preguntei ... collín a caixa ... destapeina .... GUAUUUUU!!!!!
Alí andaba, un IMPRESIONANTE "escornabois" ou "vacaloura" , fóra do seu terreo ... sen ter unha comida axeitada ...


É un macho, vese nas fortes pinzas que ten. Anda polos 6 centímetros e moi "asustado".Moi complicado, alimentalo!!
Viven nas árbores, nas carballeiras,aliméntanse da "savia" .

miércoles, 1 de junio de 2011

OS CASULOS DA SEDA ...


Andamos no tempo dos "casulos".
As eirugas de raias xa cerraron os seus casulos.
As brancas, só quedan dúas enredando.
Nunha semana, semana e media, veremos ás bolboretas continuando este "perfecto" ciclo.

martes, 31 de mayo de 2011

AGUACATE ...

Pouco nos queda para rematar este curso, e as sementes do "aguacate" van estando "listas" para ser transplantadas á terra.
Unha mitade, xa ten talo e follas.
A outra mitade , aínda está botando o talo.
A semente que só abríu pola metada, sen chegar a rachar , ten unha longa raíz pero non botou o talo.

lunes, 30 de mayo de 2011

CHÁMOME LAURA E HOXE CUMPRO 8 ANOS

VOUNO CELEBRAR,ESTA TARDE ÁS 5, NO PABELLÓN DE OZA DOS RÍOS, COS MEUS AMIGOS DO COLEXIO.
O que máis me gusta é xogar á corda,ás escondidas e ir á biblioteca.
Teño que prestar máis atención,estudar o que me toca e rematar sempre, as tarefas que van para a casa.

martes, 24 de mayo de 2011

AS EIRUGAS DA MACAÓN...!!!


Onte, chegou Andrea decindo que vira unha eiruga verde con pintas laranxa e negro, que andaba polos fiúnchos(anís) na súa parada do bus. Nós, dixemos que nunca víramos tal, na clase temos as da seda que son brancas ou grises con raias escuras...
Hoxe, á primeira hora da mañá, Andrea tiña na man unha botella e dentro, un ramallo de fiúncho e UNHA PRECIOSA EIRUGA !!!











Abraiados, mirándoa mentras ela roia o fiúncho... Botámoslle follas de moreira que paseou pero, NON COMEU!! Nin as outras herbas que lle botamos máis tarde.
Fomos a Internet buscando axuda e alí descubrimos que cando complete a metamorfose
vai ser unha fermosa bolboreta chamada Macaón( papilio machaón).Temén que comen moi ben o fiúncho.

sábado, 21 de mayo de 2011

viernes, 13 de mayo de 2011

AS IGUANAS

Estes réptiles, tan curiosos, pódense ver no parque de Cabárcenos nunha ventá escaparate, con luces de cores que, obrigan a eses cambios de cor polo que son tan coñecidos.

sábado, 7 de mayo de 2011

AS EIRUGAS DA SEDA ...

Haberá dúas ou tres semanas, non pasaban do centímetro de lonxitude, e xa van chegando aos catro centímetros.



Este ano hai unha maior cantidade de brancos pero, os listados son máis vistosos.

lunes, 2 de mayo de 2011

A SEMENTE DO AGUACATE



No outono,fixemos unha plantación de sementes varias que resultou un fracaso ... A de aguacate, apareceu unha mañá, aberta en dous...Puxémola por separado e, chegada a primavera, as dúas están a brotar e, vémola moi BEN !

sábado, 30 de abril de 2011

LA PERSPECTIVA

Alguén preguntou na clase de plástica... como fago unha rúa?? O seguinte foi unha visión sinxela da perspectiva...as beirarrúas...fachadas e laterais das casas...

viernes, 29 de abril de 2011

SON AMY-JOY E HOXE CUMPRO 8 ANOS !!

Hoxe vouno celebrar ás cinco e media da tarde en CAMELOT PARK, cos meus amigos do colexio.
O que máis me gusta é xogar ao fútbol e andar na bicicleta.
Teño que mellorar coa Lingua Galega e estudiar máis en Coñecemento.

martes, 26 de abril de 2011

UN POBO

Neste traballo, tiñamos dúas condicións, un grupo de casas máis unha fonte... dando a imaxe dun pobo.

sábado, 23 de abril de 2011

ESQUELETE DUNHA "SERPE PITÓN"

Veño de facer unha viaxe polo norte e, no parque de CABÁRCENO, atopei este esquelete perfecto para que vexades con claridade como é de CABEZA a COLA !!

sábado, 9 de abril de 2011

DESEÑO LIBRE ....

Partindo dun GARABATO que percorre o papel, temos que IMAXINAR en que podemos TRANSFORMALO ...

viernes, 8 de abril de 2011

RECICLAMOS COCHES DUNHA PUBLICIDADE ...

Collemos varios folletos de coches, repartímolos , recortamos con coidado para pegalos munha lámina... logo, completamos a imaxe á nosa maneira ...