Onte, chegou Andrea decindo que vira unha eiruga verde con pintas laranxa e negro, que andaba polos fiúnchos(anís) na súa parada do bus. Nós, dixemos que nunca víramos tal, na clase temos as da seda que son brancas ou grises con raias escuras... Hoxe, á primeira hora da mañá, Andrea tiña na man unha botella e dentro, un ramallo de fiúncho e UNHA PRECIOSA EIRUGA !!!
Abraiados, mirándoa mentras ela roia o fiúncho... Botámoslle follas de moreira que paseou pero, NON COMEU!! Nin as outras herbas que lle botamos máis tarde. Fomos a Internet buscando axuda e alí descubrimos que cando complete a metamorfose vai ser unha fermosa bolboreta chamada Macaón( papilio machaón).Temén que comen moi ben o fiúncho.